OS NOSOS EVENTOS
3X3 CARBALLO
Creemos firmemente na educación inclusiva e consideramos o deporte, e máis concretamente a nosa actividade, unha ferramenta fundamental para promover a integración e evitar a discriminación.
No día a día da nosa actividade, colaboramos con varias entidades e organizacións como poden ser Cruz Vermella, Cáritas, AECC ou Denaderu, entre outros.
Trátase dunha colaboración en sentido bidireccional, por un lado axudamos a dar visibilidade as súas accións solidarias, e polo outro, conseguimos concienciar ósnosos e nosas deportistas e as súas familias da importancia de colaborar con estas
asociacións e darlles visibilidade.
FESTIVAL DE PATINAXE ARTÍSTICA
Anualmente celebramos o noso Festival de Patinaxe Artística,reunindo a máis de 100 deportistas de diferentes clubs e sendo xa un dos eventos deportivos de referencia na zona.
Unha oportunidade para exhibir o talento e a creatividade das nosas
patinadoras, e que tamén fortalece a comunidade deportiva e promove a
paixón pola patinaxe artística.
ESCOLA DE VERÁN
Durante os meses de Xullo e Agosto organizamos unha escola de mañás destinada a todas as nenas e nenos da zona para facilitar a conciliación familiar durante overán.
Planificamos diferentes actividades de tempo libre nas instalacións da zona escolar
Bergantiños cas que os nenos e nenas poidan pasalo ben en compañía de compañeiros da súa idade.
En colaboración tamén cos Servizos Sociais dos Concellos, no que tratamos de cumprir o obxectivo de ser unha ferramenta de transformación social a través da nosa actividade, promovendo a integración social.
CAMPUS DE NADAL
Campus de tecnificación de hóckey sobre patíns que se
celebra durante o Nadal enfocado a nenos e nenas do club,
no que tratamos que se familiaricen con novos conceptos
técnicos específicos.
A miúdo aproveitamos a ocasión para que xogadores de alto nivel poidan
achegarse ós pequenos para que nos conten a súa experiencia e nos aporten
ensinanzas e valores nun ambiente distendido.