OFERTA FORMATIVA

INICIACIÓN. HÓCKEY SOBRE PATÍNS

A escola de iniciación de hóckey sobre patíns é unha actividade orientada a nenos e nenas de 3 a 6 anos, destinada a aprender a moverse en patíns e ao desenvolvemento da psicomotricidade combinando xogos con aprendizaxes técnicas, sempre de forma divertida e dinámica.
As clases impártense no pavillón Carballo Calero (zona escolar Bergantiños) nos
seguintes horarios:
Luns: De 4.45 a 5.45.
Mércores: De 4.45 a 5.45.
Venres: De 4 a 5.

INICIACIÓN. PATINAXE ARTÍSTICA

A iniciación á patinaxe artística está orientada a nenos e nenas a partir dos 4 anos para aprender as habilidades básicas da patinaxe en xeral e iniciarse nas técnicas específicas que require este deporte.
As clases impártense no pavillón San Luis Romero nos seguintes horarios:
Grupo 1: Luns e Mércores de 16.30 a 17.30.
Grupo 2: Luns e Mércores de 17.30 a 18.30.

Actividades Extraescolares

As clases de actividades extraescolares en patíns están deseñadas para que calquera neno e nena en idade escolar aprenda a patinar e poida acercarse ós deportes en patíns a través de monitores expertos e formados, fomentando
deporte e divertimento a partes iguais. Na actualidade impartimos clases en colexios de Carballo, Malpica, Laxe, Zas e Vimianzo.
Se tes interese en que comecemos un novo proxecto de deporte en patíns na túa
zona ponte en contacto con nós para máis información. Habitualmente estes trámites fanse a través das ANPAS ou do servizo municipal de deportes dos concellos.