Patrocinadores

«CALVO é unha empresa de alimentación con sede en Carballo, adicada á pesca, produción e comercialización de conservas de pescado. De importancia vital na comarca de Bergantiños, líder no mercado nacional e con gran proxeción internacional. Patrocinador principal do club dende a nosa fundación no ano 1983.»

«GARAYSA é unha empresa do sector eléctrico con sede en Carballo, líder no sector da electricidade, e especializada en enxeñería técnica, auditorías, automatismos, climatización, telecomunicacións, redes de voz e datos e son.»

«PLACASA é unha fábrica de produtos para envasado e embalaxe con sede en Carballo. Con máis de 35 anos de experiencia no sector, ofrecen as mellores solucións para a produción, transformación e impresión de produtos flexibles.»

«BIG MAT CREA é unha empresa especializada para profesionais da construción con sede en Carballo, e con 6 tendas na provincia da Coruña. Dispón de variedade de materiais, ferramentas, produtos e servizos relacionados co mundo da construción.»

«CONSTRUCCIONES VAZQUEZ Y REINO é unha empresa familiar con sede en Carballo e máis de 60 anos de historia, especialízase no sector da obra civil e a edificación. Céntrase non só na construción e conservación de carreteras, tamén en proxectos hidráulicos, edificación e urbanizacións.»

«MAKER STORE by ALLNET é un espazo educativo divulgativo con sede en Carballo, onde ofrecen produtos STEAM relacionados ca ciencia, tecnoloxía, enxeñería, artes e matemáticas, e material didáctico enfocado na programación, robótica, impresión 3D e electrónica. Ademais de realizar talleres para tódalas idades das materias anteriores.»

«GRUPO SAN JUAN é unha empresa con sede en Carballo adicada fundamentalmente á transformación e reciclado de poliestireno expandido. É unha das empresas máis modernas do sector, contando con tecnoloxía de última xeración.»

«DOLCE CAFE e MESÓN DO PULPO son dous locales de hostelería de gran recoñecemento na zona.
No primeiro poderás desfrutar dos mellores partidos en pantalla grande,
no segundo degustar os excelentes mariscos das nosas costas e carnes de primeira calidade.»